Ola a todos os pequechos de 6º de Infantil do CEIP Sagrada Familia, na Coruña.

mércores, 8 de xullo de 2015

Despedímonos... ata pronto!

CEIP Sagrada Familia 2012-2015

Chegou o momento da despedida dos Tiribiquiños... Voltaremos ás aulas en setembro, mais van ser outras as mesas e outros os profesores, así que tiramos dende este blog unha manchea de bicos aos nosos benqueridos titores, que coidaron tan ben de nós nestes tres anos e nos animaron a descubrir mundos novos dentro dun magnífico castelo enfeitizado na Ronda do Outeiro.

Un moi agarimoso biquiño á nosa fada madriña, a fada do fermoso sorriso. Grazas Marta pola túa doce paciencia e por escoitar con adicación as nosas ocorrencias, porque sempre soubeches que o máis maravilloso reside nun mundo pequeno. Grazas á fada que se puxo con nós o casco de bombeiro, á diseñadora que ideou con tanto mimo os nosos incribles traxes de antroido -contáronnos que a sona dos sarcófagos con pequenas momias no interior chegou mesmo ao museo do Cairo-. Querida fada madriña, sabemos que gardas para cada un de nós un recunchiño no teu grande corazón. Ti encheches de ledicia todos estes corazóns pequenos.

Bicos tamén para Manu, o noso respectuoso mestre pintor, que conseguiu facer de nós uns pequenos artistas sen poñer coto ao noso maxín. O capitán pirata que nos levou polos procelosos mares ata descubrir un fantástico tesouro de pedras "preciosas" que compartiu como un bo camarada. As máis exquisitas esmeraldas son aquelas que compartimos contigo, o noso adulto con alma de pícaro. Un biquiño moi grande para este virtuoso horticultor que nos amosou que a semente primeira é pequena, pero logo medra ata convertirse nunha árbore esplendorosa. Querémoste!

Biquiños tamén para Rafa, o mestre de cerimonias que dirixiu cada un dos eventos deste pazo de conto, un señor mestre con alma de xograr que alegrou coa súa música e representacións os corredores do castelo.

Un biquiño para Rebeca, a incrible fada que veu dos bosques para espallar a primavera no espírito destes pequechos.

Apertas para a xente do ANPA, que tan ben se encarga do noso tempo de lecer, entre xogos e escuma; grazas por esas viaxes que nos abriron horizontes descoñecidos. A vosa adicación non coñece límites; sodes do mellor!

Unha aperta para Jaime, o gardián celoso das chaves deste fabuloso castelo.

Para todas as mamás e os papás, un grande, enorme bico. Grazas por querernos tanto!!






luns, 1 de xuño de 2015

Somos amigos

Esta canción, "Somos amigos", do grupo infantil CantaJuegos, é moi emotiva e especial para nós, xa que quédanos moi pouco para rematar a etapa de educación infantil e empezar na primaria. Non estaremos compartindo os mesmos pupitres e a mesma aula, pero sempre seremos amigos!!!.



O pirata Barbarroja

Este mércores 3 de Xuño faremos a búsqueda do tesouro do pirata Barbarroja e estamos aprendendo a canción do pirata Barbarroja para esa ocasión,

xoves, 21 de maio de 2015

Juan e os feixóns máxicos

Esta semana estivemos a ver o conto de "Juan e os feixóns máxicos" coas tres xemelgas. Gustoulles moito sobre todo a canción da horta que a estivemos a bailar e cantar.



Se tes algún problema co visionado do vídeo, preme aquí

mércores, 22 de abril de 2015

Don Quixote na xamáis imaxinada aventura dos muiños

Outro fragmento da serie de debuxos animados "Don Quixote da Mancha" creada no 1978. Algúns dos pais dos pequechos seguro que a recordan de vela na súa infancia.


Preme aquí se tes algún problema co visionado do vídeo

Primeira saída de Don Quixote con Sancho Panza

Co gallo da celebración, o vindeiro 23 de Abril, do día do libro, estamos a traballar a grande obra da literatura española e unha das obras mestras da literatura universal: "Don Quixote da Mancha".
Aquí temos unha das súas aventuras en debuxos animados.


Preme aquí se tes algún problema co visionado do vídeo

mércores, 25 de febreiro de 2015

Simplemente Miró

Estes días pegámonos unhas boas risas con este vídeo. As personaxes de Miró cobran vida e divírtennos coas súas formas en movimento. Xa estamos feitos uns expertos na súa arte e tedes que ver cómo interpretamos as súas obras, a nosa imaxinación non ten límites!!!




Se tes problemas co visionado do vídeo preme aquí

luns, 16 de febreiro de 2015

Ollos e estrelas, un conto surrealista sobre Joan Miró

Aquí tedes un conto sobre o mundo maravilloso de Joan Miró, con el seguimos a navegar a lomos do surrealismo e descrubindo un mundo máxico, cheo de fantasia e ilusión.



Se tes algún problema para o visionado do vídeo preme aquí

sábado, 7 de febreiro de 2015

Pinturas de Joan Miró

Esta semana estivemos falando do surrealismo e botamos a voar a nosa imaxinación e creatividade para poñer título e dar as nosas interpretacións aos seus cadros. Aquí tedes un vídeo fantástico no que nos apoiamos, coa música de fondo de Enya "Caribbean Blue" e as imáxenes dos cadros de Miró. Disfrutadeo!!



Preme aquí se tes algún problema co visionado do vídeo

sábado, 24 de xaneiro de 2015

Joan Miró. Un resumen da súa vida...para nenos

Comezamos un novo proxecto, RecreArte, e adentrarémonos nun mundo novo, esta vez da man da arte, da creatividade, da ilusión, o gusto e a experimentación, con Miró como inspiración.

Sofie. Artista son

Divírtete coas aventuras artísticas da pequena Sofie, porque a arte faite intelixente...e faite sorrir!!
A túa imaxinación é como un gran Arco da Vella!!

Se tes problemas para ver o vídeo, preme aquí

Apertas que Voan- Brinca Vai. A canción da festa da paz.

Aquí tedes a canción que imos cantar o próximo venres 30 de Xaneiro, celebrando a Festa da Paz:  "Apertas que Voan" do Disco-Libro de Paco Nogueiras "Brinca Vai!" da editorial Kalandraka. Autor Galego pra nenos.



Se tes problemas co visionado do vídeo, preme aquí