Ola a todos os pequechos de 6º de Infantil do CEIP Sagrada Familia, na Coruña.

venres, 26 de decembro de 2014

Octopus´s Garden

Como fin de proxecto sobre o mar e os nosos amigos os polbos, tedes esta canción para bailar, cantar e aprender inglés no xardín dos polbos.


Se tes algún problema co visionado do vídeo, preme aquí

sábado, 13 de decembro de 2014

Polo Nadal

Aquí tedes unha montaxe con fotos dos ensaios e a canción que imos cantar o venres 19 de Decembro no cole no Festival do Nadal. Podedes ensaiar na casa, ainda que xa vos sae moi ben, sodes todos uns auténticos artistas!!



sábado, 6 de decembro de 2014

O noso mar

Aquí tedes un vídeo cargado de auténticas obras de arte sobre o mar feitas polos peques nas clases de debuxo co profe Manu. Disfrutadeo!