Ola a todos os pequechos de 6º de Infantil do CEIP Sagrada Familia, na Coruña.

mércores, 26 de novembro de 2014

Aventuras cos Kratt

Aprenderemos moito cunha nova aventura cos Kratt, esta vez baixaremos ao fondo do mar nun submariño e poderemos ver unha batalla entre un cachalote e un calamar xigante, quen gañará?.


Se tes problemas co vídeo, preme aquí

Onde está o polbo?

Os nosos amigos os polbos son mestres do camuflaxe e as ilusións ópticas, neste vídeo explican parte dos seus segredos.


Peixes abisais

Non deixedes de ver este vídeo cos peixes máis extraños e sorprendentes, os que viven nas profundidades mariñas, os peixes abisais.


domingo, 16 de novembro de 2014

Samain e Magosto 2014

Ola, aquí tedes un pequeno vídeo coas fotos do Samain e o Magosto 2014 para que vexades o ben que o pasamos nestas celebracións no cole. A resolución é baixa para poder subilo ao blogue. Esperamos que vos guste. Tedes todas as fotos a máis alta resolución no gadget "Co mandilón posto", so tedes que premer nel para velas máis grandes.


venres, 7 de novembro de 2014

SEMANA DA CIENCIA, DO 10 AO 16 DE NOVEMBRO DE 2014

A semana do 10 ao 16 de Novembro do 2014 é a "Semana da Ciencia" e por esa razón a entrada a todos os museos científicos coruñeses será de balde. Podedes aproveitar para ir ao Aquarium Finisterrae e ver de novo os polbos ou quizáis poderedes ver as estrelas e os planetas no Planetarium da Casa das Ciencias ou aprender cousas do corpo humano na Domus. 
Se xa estades impacientes e non queredes esperar ao luns, co gallo do Ano Nacional da Biotecnoloxía en España, tedes un encontro coa Biotecnoloxia no Museo Nacional de Ciencia y Tecnología (MUNCYT) da Coruña. Todas as actividades son tamén de balde e hai toda unha serie de talleres de experimentos sorprendentes relacionados coa biotecnoloxía para toda a familia: bacterias chef, fotocopiadoras de ADN, Biomateriais á carta, Guisantes CSI.
O sábado 8 os pases son: 
11:30-12:30                                                           
12:30-13:30
13:30-14:30
17:30-18:30
E o domingo 9, de:
11:30-12:30
12:30-13:30
13:30-14:30
Tamén hai charlas, documentais...
Tedes máis información nos seguintes enlaces:

A canción deste Magosto

O venres 14 celebraremos o Magosto no cole, e estamos a traballar este Rap do Magosto dos nosos compañeiros de primeiro de primaria do CEIP A Doblada.



Se tes problemas para o visionado do vídeo, preme aquí.

Receita de polbo á galega

Esta semana estivemos falando doutra faceta do noso amigo octópodo: o rico e bo que esta!!. E aprendimos a cociñalo, por suposto á feira.



Se tes algún problema co visionado do vídeo, preme aquí