Ola a todos os pequechos de 6º de Infantil do CEIP Sagrada Familia, na Coruña.

venres, 26 de decembro de 2014

Octopus´s Garden

Como fin de proxecto sobre o mar e os nosos amigos os polbos, tedes esta canción para bailar, cantar e aprender inglés no xardín dos polbos.


Se tes algún problema co visionado do vídeo, preme aquí

sábado, 13 de decembro de 2014

Polo Nadal

Aquí tedes unha montaxe con fotos dos ensaios e a canción que imos cantar o venres 19 de Decembro no cole no Festival do Nadal. Podedes ensaiar na casa, ainda que xa vos sae moi ben, sodes todos uns auténticos artistas!!



sábado, 6 de decembro de 2014

O noso mar

Aquí tedes un vídeo cargado de auténticas obras de arte sobre o mar feitas polos peques nas clases de debuxo co profe Manu. Disfrutadeo!


mércores, 26 de novembro de 2014

Aventuras cos Kratt

Aprenderemos moito cunha nova aventura cos Kratt, esta vez baixaremos ao fondo do mar nun submariño e poderemos ver unha batalla entre un cachalote e un calamar xigante, quen gañará?.


Se tes problemas co vídeo, preme aquí

Onde está o polbo?

Os nosos amigos os polbos son mestres do camuflaxe e as ilusións ópticas, neste vídeo explican parte dos seus segredos.


Peixes abisais

Non deixedes de ver este vídeo cos peixes máis extraños e sorprendentes, os que viven nas profundidades mariñas, os peixes abisais.


domingo, 16 de novembro de 2014

Samain e Magosto 2014

Ola, aquí tedes un pequeno vídeo coas fotos do Samain e o Magosto 2014 para que vexades o ben que o pasamos nestas celebracións no cole. A resolución é baixa para poder subilo ao blogue. Esperamos que vos guste. Tedes todas as fotos a máis alta resolución no gadget "Co mandilón posto", so tedes que premer nel para velas máis grandes.


venres, 7 de novembro de 2014

SEMANA DA CIENCIA, DO 10 AO 16 DE NOVEMBRO DE 2014

A semana do 10 ao 16 de Novembro do 2014 é a "Semana da Ciencia" e por esa razón a entrada a todos os museos científicos coruñeses será de balde. Podedes aproveitar para ir ao Aquarium Finisterrae e ver de novo os polbos ou quizáis poderedes ver as estrelas e os planetas no Planetarium da Casa das Ciencias ou aprender cousas do corpo humano na Domus. 
Se xa estades impacientes e non queredes esperar ao luns, co gallo do Ano Nacional da Biotecnoloxía en España, tedes un encontro coa Biotecnoloxia no Museo Nacional de Ciencia y Tecnología (MUNCYT) da Coruña. Todas as actividades son tamén de balde e hai toda unha serie de talleres de experimentos sorprendentes relacionados coa biotecnoloxía para toda a familia: bacterias chef, fotocopiadoras de ADN, Biomateriais á carta, Guisantes CSI.
O sábado 8 os pases son: 
11:30-12:30                                                           
12:30-13:30
13:30-14:30
17:30-18:30
E o domingo 9, de:
11:30-12:30
12:30-13:30
13:30-14:30
Tamén hai charlas, documentais...
Tedes máis información nos seguintes enlaces:

A canción deste Magosto

O venres 14 celebraremos o Magosto no cole, e estamos a traballar este Rap do Magosto dos nosos compañeiros de primeiro de primaria do CEIP A Doblada.



Se tes problemas para o visionado do vídeo, preme aquí.

Receita de polbo á galega

Esta semana estivemos falando doutra faceta do noso amigo octópodo: o rico e bo que esta!!. E aprendimos a cociñalo, por suposto á feira.



Se tes algún problema co visionado do vídeo, preme aquí


martes, 28 de outubro de 2014

A canción deste Samaín

Da man do noso profe Manu chega a nosa clase este músico arxentino cargado de cancións máxicas dotadas dun humor único e unha forma de ver o mundo diferente. Convosco Luis Pescetti e a canción do vampiro.


Se tes problemas para ver o video preme aquí

martes, 21 de outubro de 2014

Octupízate!!!

Descubrindo o mundo do mar: Na clase estivemos descubrindo as nasas e experimentando o tacto dun polbo auténtico.


Video no Aquarium Finisterrae

Video grabado por Manu na nosa visita ao Aquarium Finisterrae. Dando de comer aos peixes.


Héctor e a sua canción do polbo

Aquí vai unha mostra da creatividade dos nosos cativos. Unha canción sobre os polbos composta por Héctor coa axuda das suás irmás.


mércores, 15 de outubro de 2014

A canción do polbo Miomio

Aquí tedes a canción do polbo Miomio. A cantar: Miomio é o noso amigo!!!


Se tedes problemas co visionado premede aquí

Pescando polbos na Coruña

Pescando polbos na escolleira de Oza na Coruña.


Se tedes problemas co visionado do vídeo premede aquí

Pescando polbos en Galicia


Pescando polbos nas rías galegas!!!

Coller polbos coas mans

Collendo un polbo coas mans!!!


Se tedes problemas co visionado do video premede aquí

Pescando polbos con nasas

Video que mostra cómo se pescan polbos con nasas. Non vos perdades ao principio e ao final do vídeo a compaña dos golfiños!!!


Se tedes problemas co visionado do video premede aquí

martes, 14 de outubro de 2014

Visita os polbos do Aquarium Finisterrae

Aquí están algunhas das fotos dos polbos que vimos na nosa visita ao Aquarium Finisterrae o pasado venres 10 de outubro do 2014. Disfrutádeas!!!


martes, 7 de outubro de 2014

A canción de Orlando o polbo

E agora a canción do noso amigo Orlando, o polbo valente. Todos a cantar, Ooooorlando!!!


Se tedes problemas co visionado premede aquí

Octopuse

Unha canción dos nosos amigos mariños, incluindo por suposto os polbos.


Se tedes problemas co visionado premede aquí

A intelixencia sorprendente dos polbos

Sorprendente vídeo da intelixencia dos polbos feito polos nosos amigos do Aquarium Finisterrae da Coruña. Non deixedes de velo!!


Se tedes problemas co visionado dos videos premede aquí

Polbos, eses pequenos colosos

Documental básico sobre a vida dos polbos nas costas do mar Cantábrico, na veciña Asturias.


O polbo frente ao tabeirón

Incrible vídeo dun polbo cazando a un tabeirón!!!!


Se tes problemas co visionado do video preme aquí

Coñecendo os polbos

Un breve documental do canal Discovery, para coñecer máis os polbos.


Se tes problemas co visionado do video preme aquí

luns, 29 de setembro de 2014